A protagonista de “Dende o conflito”, Saínza Combarro, pasa a súa vida polo mundo adiante, facendo o seu fogar en lugares afastados e moitas veces tremendamente perigosos. Nesa vida errante, as cartas convértense nun esapzo onde atopar tranquilidade e compaña.

Queremos convidarvos a acompañar as viaxes da Saínza e de paso obter a posibilidade de gañar un exemplar asinado de ‘Dende o conflito’ e un calendario para 2015 con algunhas imaxes dos lugares por onde transita a novela, feitas por María Reimóndez. O único que tedes que facer é escribir a vosa postal e facerlle unha foto a carón do libro, amosando de forma lexible o voso texto. Logo nada máis tedes que enviar a foto ao correo electrónico mariareimondez@googlemail.com. As fotos publicaranse na páxina de fans de Facebook da autora: https://www.facebook.com/reimondezmeilan

>> Consultar máis información sobre a novela e contidos extra. 

 

BASES DO SORTEO

 

  1. Organizadora do sorteo: 

A escritora María Reimóndez (NIF 33.325.605-P).

  1. Ámbito temporal do sorteo: 

O periodo de participación no sorteo será dende o 1 de novembro ata o 15 de decembro.

  1. Participantes do sorteo: 

Poderán participar todas as persoas que queiran.

  1. Premio: 

O premio consiste nun exemplar de ‘Dende o conflito’ e un calendario do ano 2015 con imaxes de María Reimóndez que se poden ver na súa páxina web: http://www.mariareimondez-escritora.com/espazos/

O premio do presente sorteo en ningún caso poderá ser obxeto de cambio, alteración, compensación a petición do/a gañador/a ou cesión a terceiros.

  1. Mecanismo do concurso: 

As/os participantes deberán seguir os pasos establecidos nestas bases: As persoas que queiran participar terán que escribirlle unha postal á protagonista de ‘Dende o conflito’, sacarlle unha foto e enviala ao correo electrónico mariareimondez@googlemail.com. As fotos publicaranse na páxina de fans de Facebook da autora: https://www.facebook.com/reimondezmeilan

As persoas participantes deberán incluir no correo electrónico o seu nome e DNI. O sorteo realizarase entre todas as persoas que participen nesta iniciativa.

O anuncio da/o gañadora farase público o día 16 de decembro de 2014 na páxina de fans de Facebook de María Reimóndez.

       6. Comunicación da/o gañadora: 

O resultado do sorteo notificarase á/ó participante gañador/a mediante o envío dunha mensaxe por correo electrónico.

A/o gañador/a deberá confirmar a aceptación do premio antes do 20 de decembro (ata as 15 horas).

No suposto de que a/o gañadora non acepte o premio, non o recolla ou non cumpra co establecido nas presentes bases, o premio quedará deserto.

  1. Reservas e limitacións: 

Os datos deberán ser facilitados pola/o participante de forma veraz. Calquera comunicación falsa de datos persoais dará dereito á organizadora do sorteo a descalificar á gañador/a para participar e poder dispoñer do correspondente premio. A organizadora queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro na captura ou trascripción dos datos facilitados pola/os propias/os participantes que poidan impedir a súa identificación. A organizadora poderá solicitar á premiada/o identificación mediante fotocopia de DNI ou outra documentación válida para verificar a súa identidade.

A organizadora resérvase o dereito a descalificar calquera fotografía que non cumpra os seguintes requisitos. Vostede afirma e garantiza, con respecto a cada fotografía que envíe, que estas non mostran o seguinte: contigo ameazante, falso, mal interpretable, abusivo, difamatorio, obsceno e/ou escandaloso, non violan os dereitos das persoas á privacidade ou á publicidade, non inclúen marcas comerciais de terceiros, e non infrinxen dereitos de autoría da imaxe.

  1. Protección de datos: 

 Os datos persoais que vostede facilite para participar no sorteo usaranse exclusivamente coa finalidade de: poder realizar o desenvolvemento e xestión do sorteo, xestión da entrega do premio e para calquera outra finalidade prevista nas presentes bases.

  1. Aceptación e publicación das bases: 

 A participación no sorteo supón a aceptación das presentes bases.