Obradoiro_ConcelloPontevedra-AELG_2017Este sábado 11 comeza en Pontevedra un obradoiro de escrita infanto-xuvenil que impartirán as escritoras María Reimóndez e Eli Ríos ao longo de 12 sesións de dúas horas cada unha. Cinco sesións serán impartidas por María Reimóndez e cinco por Eli Ríos, mentres que na primeira e na última estarán presentes as dúas.

O obradoiro, organizado pola AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) terá lugar todos os sábados – excepto festivos – de 11.00 a 13.00 horas no Pazo da Cultura de Pontevedra. Se ofertan 25 prazas e a inscrición é gratuita.

Baixo o título de “Imaxinar mundos, sementar palabras”, o obradoiro vai dirixido a persoas con interese en explorar a escrita de literatura infantil e xuvenil nos seus diferentes xéneros. Traballarase tanto con textos de poesía e narrativa coma de teatro, así como na presentación de xéneros pouco desenvolvidos dentro da literatura infantil e xuvenil galega como pode ser o ensaio.

Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra

Data: Comezo o 11 de febreiro de 11.00 a 13.00 horas

Máis información: http://www.aelg.gal/