ENSAIO

Corpos exorbitantes

 

Servizo de Publicacións Universidade de Santiago de Compostela

2017 | Ensaio-Divulgación

Premio Xohana Torres de Ensaio e Creación Audiovisual. . Estas páxinas afondan na recuperación de Rosalía de Castro como tradutora feminista en diálogo coa canadense Erín Moure. Dende o punto de partida que ofrecen as teorías feministas e poscoloniais da tradución e utilizando como base o traballo pioneiro de María do Cebreiro Rábade Villar, a autora analiza o marco e estratexias polas cales estas dúas tradutoras se fn donas dos seus textos. Ambas traducen senllos autores (Rosalía de Castro o autor español Ventura Ruiz Aguilera e Erín Moure a Fernando Pessoa/Alberto Caeiro) explorando a capacidade ética e política da tradución. Neste fascinante proceso de análise descubrimos una nova cara de Rosalía de Castro, que demostra non só ser pioneira tamén na tradución, senón utilizar estratexias parellas ás de Moure que, aínda un século despois, seguen resultando revolucionarias. Corpos exorbitantes pretende, a través destas dúas figuras sobranceiras, botar luz sobre o potencial transformador da tradución á hora de establecer discursos críticos a respecto do mundo que habitamos e sobre a necesidade de destapar o discurso heteropatriarcal e colonial dominante que alicerza todas as demais violencias

>> Merca o libro aquí

a alternativa está aquíA alternativa está aquí

 

 

Edicións Xerais de Galicia
2014 | Ensaio-Divulgación

En momentos nos que a desesperanza vai da man da axitación cómpre revisar os nosos puntos de partida, as nosas perspectivas e alianzas. En momentos nos que se busca unha saída, unha solución e un punto e final ás malas noticias colectivas, é hora de deixar os lugares trillados e buscar as alternativas noutros que ata o de agora non estaban nin na liña do horizonte. A alternativa está aquí parte dese afán de buscar as solucións onde (xa) se atopan, principalmente na nosa man e sobre todo na man das mulleres do sur, que dende longo tempo traballan a leira do común. Fronte aos grandes discursos moitas veces repetidos, A alternativa está aquí lévanos polos lugares e estratexias do día a día, pola necesidade de cambiar a ollada arrastrándonos, coa forza dos argumentos e das experiencias, ao traballo no colectivo dende o individual para transformar e transformarnos.

>> Páxina web: www.aalternativa.net

feminismosFeminismos

Edicións Xerais de Galicia
2013 | Ensaio-Divulgación

Feminismos, de Olga Castro e María Reimóndez, é unha guía de viaxe a través da cartografía dos feminismos que responde á rica biodiversidade real dos feminismos no mundo e tamén en Galicia. Con vontade divulgativa, este libro dá conta do movemento social que máis cambiou as estruturas sociais para mellorar a vida das persoas, producindo a teoría e a práctica máis plural e transformadora. Desde ese espírito enciclopédico que se dirixe a un amplo público non especialista, Feminismos presenta as achegas e os logros dos movementos feministas na mellora das sociedades en todo o mundo. En palabras da autora do limiar, Belén Martín Lucas, da man de Castro e Reimóndez coñecemos «o traballo dos colectivos de mulleres, pensadoras e artistas, desde Galicia a Xapón, pasando polas repúblicas da antiga Unión Soviética, China, India ou África subsahariana, por mencionar algunhas das áreas incluídas. Este mapa dos feminismos na xeografía e a historia pon de manifesto a gran diversidade de estratexias contra a discriminación por xénero desenvolvidas en contextos culturais, políticos e sociais concretos».Poñendo de manifesto a mención especial que merece a sección dedicada aos feminismos en Galicia, a profesora Belén Martín Lucas conclúe asegurando que «as reflexións de Castro e Reimóndez convídannos a examinar o noso etnocentrismo para decatármonos das contribucións coas que as activistas e pensadoras doutras culturas melloran o noso mundo, á vez que tamén poñen en valor as teorías e prácticas feministas xeralmente excluídas dos manuais do feminismo, as cales tenden a limitarse ao occidental (europeo e norteamericano case sen excepción)».

>> Sigue a comunidade de Feminismos en Facebook.

cronicas dende a indiaCrónicas desde a India

Vieiros
2004 | Ensaio-Divulgación

María Reimóndez traballa desde hai máis de 15 anos no proxecto de Implicadas/os No Desenvolvemento, que desenvolve proxecto de cooperación con contrapartes do sur da India. Crónicas desde a India é o resultado das colaboracións literarias realizadas por María Reimóndez en Vieiros durante a súa estadía alí nos meses de xullo, agosto e setembro de 2004.

O lector ou a lectora que se achegue a estas Crónicas desde a India de María Reimóndez apreciará que están escritas desde o pouso que se xera na experencia re-vivida, desde o esforzo persoal por revisar criticamente os prexuízos e as categorías que nos impiden non só observar o mundo tal como é, senón participar activamente na creación doutro estado de cousas posíbel. Esa nova mirada permítelle a María transmitirnos a súa experiencia desde unha profunda subxectividade.

>> Descargar o libro en PDF.