INFANTIL-XUVENIL

O xeito das froitas

Oqueleo.
2018 | Infantil-Xuvenil

Iris é unha rapaza diferente, pouco ten que ver co resto da xente, pero a ela tanto lle ten. A súa relación coas froitas é especial grazas a unha mazá de peluche que cada noite a leva de viaxe. Cando a nai e o pai de Iris perden o traballo, as froitas axúdana a comprender que os cambios poden ser o camiño cara a un novo comezo.

Un libro rebelde, que fala doutros xeitos de vivir desde o humor, a fantasía e a esperanza.

 

 

 

Fóra do normal

Edicións Xerais de Galicia.
2018 | Infantil-Xuvenil

Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade 2017

André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entender a vida allea ao contexto urbano no que se ve obrigada a inserirse. Axiña, a amizade de André e Mucha pasará a verse ampliada nunha especial Patrulla Trans, grazas a Martín e Xela, outras dúas persoas moi distintas que axudan a André a comprender que cómpre coñecer para querer. Así, por fin amparado pola súa rede afectos e pola lectura das aventuras dos heroes do cómic clásico, un camiño para a comprensión do mundo, André asumirá que para a superación dos conflitos a auténtica fortuna reside en rodearse de persoas que non teñan medo a ser quen son: «no medio da treboada, a única heroicidade é resistir».”Fóra do normal”, novela gañadora da primeira edición do Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, identifica os heroes e as heroínas contemporáneas entre aquelas persoas que só con existir e non ceder a domesticarse están mudando o mundo.

 

Corredora

Edicións Xerais de Galicia.
2017 | Infantil-Xuvenil

Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de atletismo que, sorprendido coa súa resistencia e velocidade, lle propón adestrar en Meskel Square. Dende entón, a súa vida mudará, como a doutras nenas, mozas e mulleres etíopes que corren contra si mesmas sen fin.Corredora é unha historia colectiva de superación deportiva. Recolle a tradición atlética de Etiopía na busca activa de talentos entre as crianzas do rural ou empobrecidas nas cidades

 

volvo o regreso de ushaVolvo! O regreso de Usha

Edicións Xerais de Galicia.
2014 | Infantil-Xuvenil

Na pequena aldea de Devastana, Usha e as súas amizades regresan das vacacións cos nervios do último curso da primaria, ao final do cal terán que enfrontarse á temida reválida. Mais axiña a reválida pasa a un segundo plano, porque na vida hai acontecementos moito máis intrigantes ca un exame. Para empezar, Deepak non aparece por ningures. A seguir, Lakshmi deixa de súpeto de ir á escola. Será Usha quen de endereitar as cousas que semellan revirarse? As amizades vellas e novas, de lonxe e de preto, terán que axudar a Usha a facer fronte a todo tipo de desafíos.

ushaUsha

Edicións Xerais de Galicia. 8ª Edición.
2006 | Infantil-Xuvenil
Finalista do Premio Merlín 2005

Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, unha vila do estado de Karnata, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, aprendeu canarés, coñeceu novos costumes e lendas, enfrontouse con dificultades imprevistas e, sobre todo, cunha nova visión da vida, ata entón, descoñecida para ela. Usha aprendeu na India que alí o seu nome significa a primeira luz do mencer. Nunca o esquecerá.Usha, novela escrita por María Reimóndez e ilustrada por Ivñan Sende, é un portelo aberto para que os lectores galegos mozos poidan enchouparse da cultura e da visión da vida dunha comunidade popular da India. Unha novela emocionante que interroga e interesa ao lector sobre unha realidade cultural que a maior parte descoñece.

o monstro das palabrasO monstro das palabras

Edicións Xerais de Galicia.
2009 | Intantil-Xuvenil

Alba e Lela chegan unha miga máis tarde á escola e atópanse con que xa están sentados todos os nenos e nenas, mais ninguén fala; están como aparavados, só tatexan unhas palabras sinxelas. Nese momento chega a mestra, que axiña entende que ocorre e lles di que todo indica a chegada do monstro, un monstro que ela xa coñece porque estivo outras veces no seu lugar. Ante o abraio das nenas, a mestra descóbrelles que, en realidade, ela non é unha persoa “normal”, que ten centos de anos, é que unha gardadora de palabras.O monstro das palabras, novela de María Reimóndez, ilustrada por Iván Sende, propón aos lectores e lectoras de once anos en diante baixo a forma dun relato de intriga e aventura unha reflexión sobre o valor do patrimonio da lingua propia (o maior tesouro dos pobos) e a necesidade de defendela dos que a atacan. “A lingua é un ser vivo e está vivo nas bocas cando falamos e nos nosos cerebros cando pensamos” escribe unha das protagonistas desta novela de gran actualidade.

lia e as zapatillas de deporteLía e as zapatillas de deporte

Edicións Xerais de Galicia. 3ª Edición
2008 | Intantil-Xuvenil
Premio Frei Martín Sarmiento 2010 (categoría 3º a 5º Primaria)

As zapatillas de deporte de Lía son portadoras dunha historia triste. Noutro lado do mundo, nenos e nenas da súa mesma idade e cos pés descalzos, afánanse en meter zapatillas en caixas idénticas ás que ela recibiu o día de Reis.Lía e as zapatillas de deporte de María Reimóndez é unha novela, ilustrada por Iván Sende, que convida a reflexionar aos nenos e nenas sobre a súa responsabilidade en colaborar para facer un mundo máis xusto.

 

unha viaxe no tempoUnha viaxe no tempo

Edicións Everest Galicia.
2006 | Intantil-Xuvenil

Os veciños de Quiroga están preocupados polos estraños acontecementos que rodean a visita dos turistas á comarca. Xoana, unha peculiar guía, acompañará os nosos detectives polo asentamento celta de Castro da Torre, polas montañas do Courel, polo encoro de Sequeiros…, e coñecerán algunhas tradicións milenarias.

 

o can trampulleiroO can trampulleiro

Edicións Everest Galicia.
2006 | Intantil-Xuvenil

Uxía e Brais inscriben a Ulises nun concurso. A primeira das probas consiste en recitar unha poesía. As cousas comezan a ir mal cando Brión, outro dos participantes, se decata de que alguén lle arrincou todas as follas ao seu libro.

 

misterio no dezaMisterio no Deza

Edicións Everest Galicia.
2006 | Intantil-Xuvenil

Uxía, Brais e Ulises teñen unha misión en Camanzo: resolver o misterio da desaparición da imaxe da Virxe da súa igrexa. Con eles percorreremos Ponte Ledesma, visitaremos a Fundación Xosé Neira Vilas, coñeceremos o encoro de Portodemouros, o monte Farelo… Un traxecto tan longo como interesante, que nos levará a desvelar este misterio.

 

colegas do futuroColegas do futuro

Edicións Everest Galicia.
2006 | Intantil-Xuvenil

Brais, Uxía e mais Ulises están a facer unha excursión polo faro de Estaca de Bares cando descobren uns rapaces brincando con motos acuáticas. Estes descoñecidos son Helena, Roxo e Penélope, que veñen dende o futuro na procura do seu amigo Rubido, desaparecido nunha viaxe no tempo idéntica á deles.

 

o trasno burlonO trasno burlón

Edicións Everest Galicia.
2006 | Intantil-Xuvenil

Brais está emocionado ante a idea de viaxar á Coruña para coñecer a Miquiños, o seu amigo por correspondencia. Os pequenos detectives descobren que Miquiños é un trasno disposto a pasar un bo anaco á conta súa.

 

a videoconsolaA videoconsola

Edicións Everest Galicia.
2006 | Intantil-Xuvenil

Uxía, Brais e Ulises reciben unha videoconsola como agasallo sorpresa dun cliente agradecido. A aventura comezará cando, ao premer un dos botóns, os tres amigos aparezan dentro dun videoxogo que os conducirá por diferentes lugares da comarca de Vigo en cada unha das pantallas. Para regresar á súa casa, deberán superar con éxito unha serie de probas.