Co poemario “Galicia en bus”, Reimóndez consegue o XX Premio Johán Carballeira de poesía, organizado polo Concello de Bueu.
O xurado declarou que se trata dun libro de poemas que recrea asuntos como a memoria e a identidade a través da perspectiva de xénero, articulando un percorrido territorial que se estende desde o íntimo ata o cartográfico.

O volume será publicado ao longo do 2018 por Edicións Xerais de Galicia. Este é o primeiro premio de poesía para Reimóndez, que xa ten publicado  neste xénero títulos como Moda galega. Moda galega reloaded, Presente continuo ou cousiñas/kleinigkeiten.

Máis info aquí.