EN VÍAS DE EXTINCIÓN

  • Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico para cambiar o humus.

    Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico para cambiar o humus.

  • Unha novela escrita como as vetas das árbores, que dun xeito innovador nos deixan percorrer das pólas ás raíces.

    Unha novela escrita como as vetas das árbores, que dun xeito innovador nos deixan percorrer das pólas ás raíces.

Unha novela que fala dos mundos que esvaecen pero aínda están aí, das persoas que loitan por mantelos e por transformalos dunha maneira única.

Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable posible, invocando a revolución de ser quen se é sen compromisos, a través de batallas sen reféns, e poñendo o que se pensa sempre por diante. Un día, o seu traballo como intérprete fai que a súa traxectoria se cruce coa da cantante de máis éxito do momento. Daquela, todas as certezas que ela manexara semellan estar en perigo. Ou, se cadra, é nesa intersección que de súpeto atopa onde as súas polas de montañesa políglota e viaxada poden chegar ao máis fondo do ceo.

En vías de extinción é unha novela que fala dos mundos que esvaecen pero aínda están aí, das persoas que loitan por mantelos e por transformalos dunha maneira única. En vías de extinción é unha novela escrita como as vetas das árbores que, dun xeito innovador, nos deixan percorrer das pólas ás raíces. Eis a diversidade cultural, as fendas entre a vida rural e urbana e o potencial de conxugar todas as marxes para facer delas o centro da vida propia.
Café ou caña con Marìa Reimóndez na Romaría dos libros

Café ou caña con Marìa Reimóndez na Romaría dos libros

O luns 25 de xullo ás 18 horas a autora participará na Romaría dos libros de verán desfrutando dunha bebida e unha charla  cun grupo reducido de 5 persoas. Antes do evento terá lugar unha sinatura de libros por parte da escritora no posto da…

Continue reading →

A novela de María Reimóndez “A Dúbida” aplaudida por crítica e público.

A novela de María Reimóndez “A Dúbida” aplaudida por crítica e público.

A última novela de María Reimóndez ocupa o primeiro lugar na Tabela dos Libros elaborada por Armando Requeixo, Inma Otero Varela, Mario Regueira e Montse Pena Presas. Está considerada a lectura mais recomendable entre os libros publicados nas últimas semanas. “ A dúbida” tamén se…

Continue reading →

María Reimóndez: “As posturas máis revolucionarias están nos actos máis pequenos”. Entrevista de Montse Dopico para Luzes

María Reimóndez: “As posturas máis revolucionarias están nos actos máis pequenos”. Entrevista de Montse Dopico para Luzes

Xa se pode ler online a entrevista que a xornalista Montse Dopico lle fixo a María Reimóndez para a revista Luzes. «As posturas máis revolucionarias están nos actos máis pequenos» Chamáronlle dogmática. Panfletaria. Radical desaforada. Viuse envolvida en mil polémicas. E nunca deixou de dar a cara. Nin…

Continue reading →

María Reimóndez: «Quixen aproveitar o período en Támil Nadu para afondar en aspectos da novela que para unha lectora galega poden resultar máis descoñecidos»

María Reimóndez: «Quixen aproveitar o período en Támil Nadu para afondar en aspectos da novela que para unha lectora galega poden resultar máis descoñecidos»

Sermos Galiza publicou unha entrevista na que Carme Vidal fala con María Reimondez da súa nova novela, “A música dos seres vivos”, e da iniciativa que pon en marcha para interactuar coas lectoras e darlles a coñecer Támil Nadu, o lugar da India no que medrou MK, a…

Continue reading →

3 de xullo: Presentación de “A música dos seres vivos” na Feira do Libro de Vigo

3 de xullo: Presentación de “A música dos seres vivos” na Feira do Libro de Vigo

O vindeiro venres, 3 de xullo, presentarase na Feira do Libro de Vigo a novela ‘A música dos seres vivos’. O acto terá lugar ás 21:00 na rúa Progeso (detrás do Marco) e contará coa presenza da autora, María Reimóndez, do director de Xerais, Manuel…

Continue reading →

Sorteo: Quen é MK? Descubre máis detalles sobre a protagonista da última novela de María Reimóndez e gaña un exemplar asinado

Sorteo: Quen é MK? Descubre máis detalles sobre a protagonista da última novela de María Reimóndez e gaña un exemplar asinado

Quen é MK, a protagonista de “A música dos seres vivos”? Todo o mundo semella coñecela, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo mais… que hai detrás do público? Que hai tamén antes da novela? Para quen seguides as novelas de Reimóndez,…

Continue reading →

María Reimóndez, premio Xosé María Álvarez Blázquez 2014

María Reimóndez, premio Xosé María Álvarez Blázquez 2014

A escritora María Reimóndez foi recoñecida co Premio Xosé María Álvarez Blázquez pola súa traxectoria literaria na X edición dos Premios Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores. A autora vén de pechar un 2014 especialmente intenso, co Premio Xerais pola novela Dende o conflito alén…

Continue reading →

Discurso de Gaia Dobao Pombo arredor da mina de Corcoesto

Discurso de Gaia Dobao Pombo arredor da mina de Corcoesto

Onte celebrouse en Ourense a presentación da novela En vías de extinción. No acto, que se celebrou na Feira do Libro, participaron Xosé María Gómez Clemente, profesor de Filoloxía Galega na Universidade de Vigo, e a autora, María Reimóndez. Como noutras presentacións desta obra, María…

Continue reading →

Xoves, 23 de maio: Club de lectura en Compostela

Xoves, 23 de maio: Club de lectura en Compostela

O vindeiro xoves 23 de maio María Reimóndez participará no club de lectura que organiza a ONG Implicadas/os No Desenvolvemento arredor da novela En vías de extinción.  O encontro con lectoras/es terá lugar no Ateneo (Virxe da Cerca,30, Compostela) ás 20 horas.Non faltedes! >> Máis…

Continue reading →

¿Atréveste a facer un vídeo sobre ‘En vías de extinción?

¿Atréveste a facer un vídeo sobre ‘En vías de extinción?

O víndeiro 17 de maio (Día das Letras Galegas) é o aniversario de Gaia Dobao Pombo, protagonista da novela En vías de extinción. Con motivo desta data presentamos un vídeo realizado polas Candongas do Quirombo sobre a última novela de María Reimóndez.  Ademáis convídase ás…

Continue reading →

Page 1 of 4 1 2 3 4