POESÍA

Presente continuoPresente continuo

Ed. Xerais
2013 | Poesía

O presente continuo é o tempo verbal do permanente correr, aparentemente inapreixable porque en canto se toca, convértese automaticamente en pasado. É o tempo do constante movemento, da vida que non cesa, do latexar das relacións que perduran fronte a ventos e mareas, fronte a maremotos, mesmo. Mais se cadra hai xeitos de apreixalo, de abrazalo, de entendelo nun contexto. A través dos ecos de gravacións, que foron nun momento o inmediato e que de socate volven e forman ondas novas de presente. Presente continuo é esa gravación atopada no camiño por quen viviu e se detén a esculcar. Unha gravación que marca os dez anos daquela primeira viaxe á India en 1994, da relación cambiante e fluída con lugares que xa non definen ben os nomes coñecidos, con culturas, con persoas, con formas de vida que son xa parte do cotián, do ser afortunadamente descentrado. Novamente, o tempo xoga con nós e escoitamos esa gravación no presente que marca os case vinte anos de enguedellarse coa outra, porque o tempo nunca se detén. Presente continuo é a voz que tenta lembrar que o pasado só ten relevancia cando permite construír un presente diferente.

kleinigkeiten/cousiñaskleinigkeiten/cousiñas

 

Fabulatorio
2013 | Poesía

É un poemario escrito orixinalmente en alemán durante a estadía de Reimóndez na casa de artistas Villa Waldberta en 2011, promovida polo Instituto Cervantes de Múnic e o Kultureferat do Concello de Múnic, e publicado en galego en tradución da autora por Fabulatorio.

‘kleinigkeiten/cousiñas’ debulla o traballo de levar a outredade que o galego e a autora representan, á cerna dunha lingua e cultura central europea, nunha especie de diálogo íntimo no que a lingua de poder se converte na lingua dos afectos e dos desafectos, do privado e do íntimo.

>> Vídeo sobre o proceso de impresión de ‘kleinigkeiten/cousiñas’.

kleinigkeitenkleinigkeiten

Fabulatorio
2013 | Poesía

Se cadra foi no ano 2010 cando comecei a escribir os meus primeiros poemas en alemán, daquelas cunha única persoa como público. Mais a miña estadía na casa de artistas Villa Waldberta en 2011, promovida polo Instituto Cervantes de Múnic e o Kultureferat do Concello de Múnic, deume sen dúbida a oportunidade de afondar na lingua que dende tanto tempo xa me habitaba.

kleinigkeiten/cousiñas é o resultado deste proceso e ao tempo unha viaxe de reverso no que as traducións van no sentido contrario. ‘cousiñas’ é un poemario escrito orixinalmente en alemán e que polo afecto espontáneo dos meus editores espellou inesperadamente na lingua galega, algo que inicialmente non era o seu obxectivo.

 

>> Páxina web de keinigkeiten (en alemán).

moda galega reloadedModa Galega Reloaded

 

Edicións Positivas
2014 | Poesía

María Reimóndez regresa ao universo poético do seu primeiro poemario ‘Moda galega’ (Positivas, 2002) máis de dez anos despois. Nesta primeira obra, Reimóndez deitaba unha ollada crítica e mordaz á sociedade consumista e que obxectaliza os corpos das mulleres. O seu novo poemario ‘Moda galega reloaded’ (Positivas, 2014) revisa e actualiza a obra de 2002.

moda galegaModa Galega

 

Edicións Positivas
2002 | Poesía

Un catálogo de dúas estacións. Un paseo polas rúas e os escaparates. Fíos. Teas. Tendas. Corpos. Fendas. Unha cidade. Un percorrido polas mil imaxes e as mil vidas. Entre o consumo e o consumirse. Entre a obriga compulsiva e a alternativa de soñar. Ironías crúas. Moda galega. Pasen e vexan.