EN VÍAS DE EXTINCIÓN - page 3

  • Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico para cambiar o humus.

    Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico para cambiar o humus.

  • Unha novela escrita como as vetas das árbores, que dun xeito innovador nos deixan percorrer das pólas ás raíces.

    Unha novela escrita como as vetas das árbores, que dun xeito innovador nos deixan percorrer das pólas ás raíces.

Unha novela que fala dos mundos que esvaecen pero aínda están aí, das persoas que loitan por mantelos e por transformalos dunha maneira única.

Gaia é a protagonista de En vías de extinción. Ela é unha desas persoas que teñen a cerna dura coma un carballo, que asumen e reivindican o monte como berce persoal e que resisten a domesticación en todas as súas formas. Como un animal solitario, Gaia percorre os lugares interpretándose como un elemento ecolóxico chamado a cambiar o humus da forma máis discreta pero imborrable posible, invocando a revolución de ser quen se é sen compromisos, a través de batallas sen reféns, e poñendo o que se pensa sempre por diante. Un día, o seu traballo como intérprete fai que a súa traxectoria se cruce coa da cantante de máis éxito do momento. Daquela, todas as certezas que ela manexara semellan estar en perigo. Ou, se cadra, é nesa intersección que de súpeto atopa onde as súas polas de montañesa políglota e viaxada poden chegar ao máis fondo do ceo.

En vías de extinción é unha novela que fala dos mundos que esvaecen pero aínda están aí, das persoas que loitan por mantelos e por transformalos dunha maneira única. En vías de extinción é unha novela escrita como as vetas das árbores que, dun xeito innovador, nos deixan percorrer das pólas ás raíces. Eis a diversidade cultural, as fendas entre a vida rural e urbana e o potencial de conxugar todas as marxes para facer delas o centro da vida propia.
Este Nadal agasalla a novela ‘En vías de extinción’ firmada por María Reimóndez

Este Nadal agasalla a novela ‘En vías de extinción’ firmada por María Reimóndez

Se estades pensando en mercar libros este Nadal non deixedes de botarlle un ollo á última novela de María Reimóndez. Segundo o crítico literario Ramón Nicolás “En vías de extinción merece ser valorada pola frescura, modernidade, rebeldía e heterodoxia que atesoura.” Ademais, escritora María Reimóndez estará a…

Continue reading →

Lila de Lilith: “María Reimóndez aposta pola visibilización das mulleres, independentemente da súa orientación sexual”

Lila de Lilith: “María Reimóndez aposta pola visibilización das mulleres, independentemente da súa orientación sexual”

A libraría de mulleres Lila de Lilith publicou na súa conta de Facebook unha resposta á anotación de Xosé Manuel Eyré sobre En vías de extinción. No blog Ferradura en tránsito tamén deixou a súa valoración o crítico literario Ramón Nicolás. A continuación recóllese o texto…

Continue reading →

“Narrativa ben enxergada”, crítica de ‘En vías de extinción’ no club de lectura Lendo lenda

“Narrativa ben enxergada”, crítica de ‘En vías de extinción’ no club de lectura Lendo lenda

O club de lectura Lendo lendas publicou unha reseña sobre En vías de extinción en Pega no livro despois de celebrar un encontro coa autora, María Reimóndez. A continuación reprodúcese o texto: A obra xira en torno a 4 eixes: – a Natureza, ou o que…

Continue reading →

‘En vías de extinción’, entre os máis vendidos no 2012 na revista Biblos

‘En vías de extinción’, entre os máis vendidos no 2012 na revista Biblos

A novela En vías de extinción de María Reimóndez, publicada en xullo de 2012, converteuse nun dos libros máis vendidos durante este ano na revista Biblos.  A revista Biblos, editada por Biblos Clube de Lectura, recolle no seu último número a relación dos libros máis vendidos…

Continue reading →

En vías de extinción, no club de lectura Lendo Lendas

En vías de extinción, no club de lectura Lendo Lendas

O vindeiro martes 27 de novembro María Reimóndez estará no club de lectura Lendo Lendas para falar de En vías de extinción cas/os lectoras/es. O acto terá lugar no Malas Pécoras (Rúa da Algalia de Abaixo, 7, Compostela) ás 20.30 horas.  Para ir abrindo boca deixámosvos…

Continue reading →

A portada de ‘En vías de extinción’ representa a falsa dicotomía do mundo moderno

A portada de ‘En vías de extinción’ representa a falsa dicotomía do mundo moderno

Por Noelia Fernández, deseñadora da portada de ‘En vías de extinción’ www.desonhos.net Nunha primeira lectura, a portada da novela En vías de extinción representa a falsa dicotomía do mundo moderno: campo-cidade, natural-artificial, progreso-ecoloxía… Outra lectura fala de Gaia, a protagonista da novela.  Gaia, deusa que encarnaba…

Continue reading →

‘En vías de extinción’, nos primeiros postos da lista de vendas

‘En vías de extinción’, nos primeiros postos da lista de vendas

A novela En vías de extinción atópase nos primeiros postos da lista de vendas de libros que publica Faro de Vigo. Dende que saiu ao mercado, no mes de xullo, a última novela de María Reimóndez apareceu de xeito continuado nos primeiros postos na listaxe…

Continue reading →

María Reimóndez: “É triste que na literatura siga sendo noticia o feito de que a protagonista dunha historia sexa unha muller”

María Reimóndez: “É triste que na literatura siga sendo noticia o feito de que a protagonista dunha historia sexa unha muller”

Onte celebrouse en Santiago de Compostela a presentación de En vías de extinción. No acto, celebrado na libraría Lila de Lilith, participarón Manuel Bragado, María do Cebreiro e María Reimóndez.    Arredor de 30 persoas poideron gozar dun evento marcado polos agasallos que fixo a…

Continue reading →

“Unha trama que combina de forma intelixente ficción literaria e discurso ideolóxico”. Crítica de Montse Pena

“Unha trama que combina de forma intelixente ficción literaria e discurso ideolóxico”. Crítica de Montse Pena

A crítica literaria Montse Pena Presas publicou no suplemento Faro da Cultura, no diario Faro de Vigo, unha recensión sobre En vías de extinción, na que asegura que “a autora sabe combinar a ficción co discurso ideolóxico”. “A través de Mariña/Gaia, percorremos dous micromundos complementarios á…

Continue reading →

Adianto dunha veta de ‘En vías de extinción’

Adianto dunha veta de ‘En vías de extinción’

Adiantamos a todas as lectoras e lectores parte dun capítulo de En vías de extinción, de María Reimóndez. Trátase dunha veta que forma parte do capítulo titulado ‘Abeleira‘ (arbusto caducifolio das betuláceas, de pólas abundantes e madeira dura e cuxo froito é a abelá). En…

Continue reading →

Page 3 of 4 1 2 3 4