A escritora María Reimóndez foi recoñecida co Premio Xosé María Álvarez Blázquez pola súa traxectoria literaria na X edición dos Premios Ánxel Casal da Asociación Galega de Editores. A autora vén de pechar un 2014 especialmente intenso, co Premio Xerais pola novela Dende o conflito alén da publicación doutras obras como Volvo! O regreso de Usha, A alternativa está aquí ou Moda Galega reloaded.