Quen é MK, a protagonista de “A música dos seres vivos”? Todo o mundo semella coñecela, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo mais… que hai detrás do público? Que hai tamén antes da novela? Para quen seguides as novelas de Reimóndez, MK non é unha descoñecida de todo, atrevédesvos a demostrar o que xa sabedes dela? Atrevédesvos a descubrir algo máis? Participade e entrade no sorteo dun exemplar da súa nova novela “A música dos seres vivos”, asinado pola autora.

Que tedes que facer? Contestar correctamente as preguntas que periódicamente iremos deixando na páxina de fans de Facebook: https://www.facebook.com/reimondezmeilan ou mandar un chío describindo a MK á conta de Twitter @reimondez. O prazo remata o día 3 de xullo e o nome da/o gañadora darase a coñecer durante a presentación da novela que se celebrará ese día na Feira do libro de Vigo.

>> Consultar máis información sobre a novela e contidos extra. 

 

BASES DO SORTEO

 

  1. Organizadora do sorteo: 

A escritora María Reimóndez (NIF 33.325.605-P).

  1. Ámbito temporal do sorteo: 

O periodo de participación no sorteo será dende o 23 de xuño ao 3 de xullo.

  1. Participantes do sorteo: 

Poderán participar todas as persoas que queiran.

  1. Premio: 

O premio consiste nun exemplar de ‘A música dos seres vivos’ asinado por María Reimóndez.

O premio do presente sorteo en ningún caso poderá ser obxeto de cambio, alteración, compensación a petición da/o gañadora/gañador ou cesión a terceiros.

  1. Mecanismo do concurso: 

As/os participantes deberán seguir os pasos establecidos nestas bases: As persoas que queiran participar terán que contestar correctamente a algunha das preguntas que se irán deixando na páxina de fans de Facebook de María Reimondez https://www.facebook.com/reimondezmeilan. Enviarán as respostas por este mesmo medio e deberán compartilo no seu muro.

Tamén poden participar enviando un chío coa descripción de MK ao Twitter de @reimondez.

Sortearase un exemplar do libro entre as persoas que participen a través de Facebook e outro entre as que o fagan a través de Twitter.

O anuncio das/os gañadoras/es farase público o día 3 de xullo de 2015 na presentación de “A música dos seres vivos” na Feira do Libro de Vigo, na páxina de fans de Facebook de María Reimóndez e na conta de Twitter @reimondez.

  1. Comunicación da/o gañadora: 

O resultado do sorteo notificarase á/ó participante gañador/a mediante o envío dunha mensaxe privada por Facebook ou Twitter, na que se solicitarán tamén os datos de contacto.

A/o gañador/a deberá confirmar a aceptación do premio antes do 15 de xullo (ata as 15 horas).

No suposto de que a/o gañadora non acepte o premio, non o recolla ou non cumpra co establecido nas presentes bases, o premio quedará deserto.

  1. Reservas e limitacións: 

Os datos deberán ser facilitados pola/o participante de forma veraz. Calquera comunicación falsa de datos persoais dará dereito á organizadora do sorteo a descalificar á gañador/a para participar e poder dispoñer do correspondente premio. A organizadora queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro na captura ou trascripción dos datos facilitados pola/os propias/os participantes que poidan impedir a súa identificación. A organizadora poderá solicitar á premiada/o identificación mediante fotocopia de DNI ou outra documentación válida para verificar a súa identidade.

A organizadora resérvase o dereito a descalificar calquera participante que suba contido ameazante, mal interpretable, abusivo, difamatorio, obsceno e/ou escandaloso, que viole os dereitos das persoas á privacidade ou á publicidade ou que inclúa marcas comerciais de terceiros.

  1. Protección de datos: 

Os datos persoais que se faciliten para participar no sorteo, usaranse exclusivamente coa finalidade de: poder realizar o desenvolvemento e xestión do sorteo, xestión da entrega do premio e para calquera outra finalidade prevista nas presentes bases.

  1. Aceptación e publicación das bases: 

A participación no sorteo supón a aceptación das presentes bases.