CriticaliaA última novela de María Reimóndez ocupa o primeiro lugar na Tabela dos Libros elaborada por Armando Requeixo, Inma Otero Varela, Mario Regueira e Montse Pena Presas. Está considerada a lectura mais recomendable entre os libros publicados nas últimas semanas.

“ A dúbida” tamén se fixo un oco entre os máis vendidos no Taboleiro de Caderno da Crítica de Ramón Nicolás.