Con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista, Xerais ofrece en descarga gratuíta “A esencia da cidade”, relato escrito por María Reimóndez reflectindo a súa propia experiencia persoal. Esta edición nace coa vocación de que se utilice nos centros do ensino para traballar a igualdade de xénero e combater a violencia machista.
A autora quere contribuír deste xeito a situar no espazo público as experiencias de violencia contra as mulleres: «Podo dicir sen temor a equivocarme que todas as mulleres que coñezo –e son moitas, de diferentes países do mundo– padecen ou padeceron diferentes tipos de violencia ao longo da súa vida. Esta dura realidade agóchase na nosa sociedade cun discurso de silencio e culpabilización, co medo a falar, co estigma. Poñer no espazo público as nosas experiencias de violencia é un paso ineludible para cambiar ese discurso e amosar a realidade dunha sociedade construída sobre a violencia contra as mulleres»
Máis información e o acceso á descarga na seguinte ligazón: http://blog.xerais.gal/2016/a-esencia-da-cidade-un-relato-de-maria-reimondez-editado-para-a-descarga-libre-no-dia-internacional-contra-a-violencia-machista/