Ante 70 persoas tiven a sorte de compartir mesa o pasado 10 de novembro con varias autoras e tradutoras incluídas no proxecto Insula europea. Baixo a batuta da editora Giulia Belloni, as nosas tradutoras e tradutor no meu caso, puideron presentar as razóns polas cales decidiran escoller as nosas obras para traducir ao italiano. Attilio Casteluci, tradutor d’O Club da calceta e de Pirata, que se publicará en 2012, dedicou unhas amables palabras ás dúas obras e logo conversamos sobre a escrita e a literatura. O ambiente non puido ser mellor. En momentos coma este unha cre realmente no poder da literatura para tecer vidas diferentes. Non perdades o rastro das demais autoras, Chloé Delaume (Francia), Markéta Pilátová (República Checa) e Eleni Stassinù (Grecia).

Aquí deixo un vídeo resumo da xornada: