“En vías de extinción”, “Dende o Conflito” e “A música dos seres vivos” son os tres libros publicados, ata o momento, dentro do Ciclo dos Elementos. En cada un deles, os escenarios nos que viven, traballan ou polos que viaxan as súas protagonistas son unha parte fundamental da historia. Países diversos, paisaxes urbanas e rurais nas que van modelando e nutrindo a súa biografía e a súa personalidade.
Que tedes que facer? Periódicamente colgaremos na páxina de fans de Facebook: https://www.facebook.com/reimondezmeilan ou na conta de Twitter @reimondez unha foto de algún destes escenarios do “Ciclo dos Elementos”. Tedes que identificar o sitio e unha das tres protagonistas dos libros (Gaia, Saínza ou MK) coas que estea vinculado. O prazo remata o día 31 de decembro e, entre todas as persoas que identificasen correctamente algunha das imaxes sortearase un libro do Ciclo dos Elementos. O nome da persoa gañadora darase a coñecer dous días despois nas mesmas redes.
BASES DO SORTEO
- Organizadora do sorteo:
A escritora María Reimóndez (NIF 33.325.605-P).
- Ámbito temporal do sorteo:
O periodo de participación no sorteo será dende o 7 ao 20 de decembro.
- Participantes do sorteo:
Poderán participar todas as persoas que queiran.
- Premio:
O premio consiste nun exemplar de ‘A música dos seres vivos’ ou “Dende o conflito” asinado por María Reimóndez.
O premio do presente sorteo en ningún caso poderá ser obxeto de cambio, alteración, compensación a petición do/a gañador/a ou cesión a terceiros.
- Mecanismo do concurso:
As/os participantes deberán seguir os pasos establecidos nestas bases: As persoas que queiran participar terán que identificar correctamente algunha das fotos que se irán deixando na páxina de fans de Facebook de María Reimondez https://www.facebook.com/reimondezmeilan. Enviarán as respostas por este mesmo medio e deberán compartilo no seu muro.
Tamén poden participar enviando un chío coa descripción de MK ao Twitter de @reimondez.
Sortearase un exemplar do libro entre as persoas que participen a través de Facebook e outro entre as que o fagan a través de Twitter.
O anuncio das/os gañadoras/es farase público o día 4 de xaneiro de 2015 na páxina de fans de Facebook de María Reimóndez e na conta de Twitter @reimondez.
- Comunicación da/o gañadora:
O resultado do sorteo notificarase á/ó participante gañador/a mediante o envío dunha mensaxe privada por Facebook ou Twitter, na que se solicitarán tamén os datos de contacto.
A/o gañador/a deberá confirmar a aceptación do premio antes do 11 de xaneiro (ata as 15 horas).
No suposto de que a/o gañadora non acepte o premio, non o recolla ou non cumpra co establecido nas presentes bases, o premio quedará deserto.
- Reservas e limitacións:
Os datos deberán ser facilitados pola/o participante de forma veraz. Calquera comunicación falsa de datos persoais dará dereito á organizadora do sorteo a descalificar á gañador/a para participar e poder dispoñer do correspondente premio. A organizadora queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro na captura ou trascripción dos datos facilitados pola/os propias/os participantes que poidan impedir a súa identificación. A organizadora poderá solicitar á premiada/o identificación mediante fotocopia de DNI ou outra documentación válida para verificar a súa identidade.
A organizadora resérvase o dereito a descalificar calquera participante que suba contido ameazante, mal interpretable, abusivo, difamatorio, obsceno e/ou escandaloso, que viole os dereitos das persoas á privacidade ou á publicidade ou que inclúa marcas comerciais de terceiros.
- Protección de datos:
Os datos persoais que se faciliten para participar no sorteo, usaranse exclusivamente coa finalidade de: poder realizar o desenvolvemento e xestión do sorteo, xestión da entrega do premio e para calquera outra finalidade prevista nas presentes bases.
- Aceptación e publicación das bases:
A participación no sorteo supón a aceptación das presentes bases.