Este ano o Concello de Arteixo convocou novamente o seu estupendo concurso de relatos que trataba desta volta sobre “Muller e deporte”. Pois ben, onte recibín o premio no Concello e podedes ler o artigo gañador aquí ou ben escoitar non só o artigo gañador senón tamén o discurso que fixen ao respecto neste vídeo de youtube (grazas a Tati Mancemo e Alfredo Ferreiro de Algueirada!). Agradezo ao Concello o premio pero sobre todo agradezo ás mulleres desobedientes como Diana Taurasi, a protagonista do artigo, o seu esforzo que no 8 de marzo todas debemos lembrar, celebrar e reivindicar.