Mercedes Peón dará un exclusivo concerto durante o Festival Poemagosto, festival de poesía que se celebra en Allariz este sábado 8 de Outubro e que ofrecerá por terceiro ano un recital de poesía acompañado de outras actividades coma concertos, presentacións ou actividades infantís.

A cantante estará acompañada na súa banda por Mónica de Nut, Ana García, Fernando Abreu, Pablo Carrera e María Reimóndez e o concerto terá lugar ás 20:30 horas.

As entradas están disponibles na seguinte ligazón: http://airadasletras.gal/event/iii-poemagosto/

 

14492523_1318043161568970_8039578943024202524_n