O xoves, 29 de setembro, ás 20:00 horas, preséntase na Libraría Lila en Compostela, a novela “A dúbida” de María Reimóndez. A autora estará acompañada por Gema Zunzunegui e Fran Alonso.

“A dúbida” aborda temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política con sutileza e rigor.

Creáronse en torno á obra unha serie de vídeos nos que diferentes persoas relacionadas co tema dos abusos sexuais a menores falan da relevancia da novela para o seu traballo e para a visibilización deste tipo de violencia. Deixámosvos a ligazón á lista de youtube.

https://www.youtube.com/playlist?list=PLyF60SNNlIMOaNXx5KAAfGj5HzCtsM1VR

img_20160928_112002