O xoves, 10 de novembro, ás 20:00 horas, preséntase na Libraría Paz de Pontevedra a novela “A dúbida” de María Reimóndez. A autora estará acompañada pola psicóloga Isabel Pece, a psiquiatra Leticia Gómez Conde (ambas colaboradoras na asociación AMINO Galicia) e polo editor Manuel Bragado.

“A dúbida” aborda temas de actualidade como os abusos sexuais e a corrupción política con sutileza e rigor. Creáronse en torno á obra unha serie de vídeos nos que diferentes persoas relacionadas co tema dos abusos sexuais a menores falan da relevancia da novela para o seu traballo e para a visibilización deste tipo de violencia. Deixámosvos a ligazón ao mesmos:

https://www.youtube.com/playlist?list=PLyF60SNNlIMOaNXx5KAAfGj5HzCtsM1VR

unnamed