Este venres, 16 de decembro preséntase en Ferrol a novela “A dúbida” de María Reimóndez. O evento está organizado por AGAMME (Asociación Galega contra o Maltrato a Menores), organización que busca mellorar o estado de dereitos da infancia e en concreto das/os menores de idade que sofren maltrato. Traballan cara a visibilización deste colectivo e os problemas que atopan para lograr xustiza e protección. Un dos asuntos centrais da súa actividade é reclamar melloras a nivel de servizos especializados no abuso sexual infantil polo descoñecemento que existe nos operadores para interpretar os indicadores, o testemuño de abuso ofrecido polos nenos e nenas ou a resposta das familias.

A presentación terá lugar ás 20.00 horas na sala de exposicións do Ateneo Ferrolán (3o andar). A autora estará acompañada por Estrela Gómez, coordinadora de AGAMME.

cartaz-a3-libro-a-dubida