María Reimóndez participará o 29 de novembro nas IX Xornalas sobre Lingua e Usos: Lingua e Tradución, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña. 
A conferencia da autora luguesa titúlase Tradución e ideoloxía: os enfoques feministas e poscoloniais, que terá lugar de 10 a 11.30 horas no Salón de Graos da Facultade de Filoloxía. 
 
María Reimóndez é licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo e traballa dende o ano 1997 como tradutora e sobre todo como intérprete. As súas linguas de traballo principais son o galego, inglés, alemán e castelán. No campo da interpretación o seu traballo céntrase sobre todo en congresos, algúns deles de contido altamente técnico e especializado. Reimóndez ten tamén unha longa carreira como tradutora literaria, sobre todo de literatura infantil con máis de doce títulos traducidos, ademais do poemario Teatriños de Erín Moure e a obra teatral Kvetch levada a escena por Teatro do Morcego. En 2011 publica Despois da medianoite da autora támil Salma. En 2009 recibiu o premio Plácido Castro de tradución pola súa versión de A historia de Mary Prince, unha escrava das Illas Occidentais.
María Reimóndez desenvolve tamén un intenso labor de investigación no campo da tradución dende un enfoque feminista e poscolonial. Ten publicados diversos artigos sobre estes temas como este que se poden consultar aquí.
As IX Xornadas sobre Lingua e Usos: Lingua e Tradución, que organiza o Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, celebraránse os días 28, 29 e 30 de novembro de 2012. Pódese consultar o programa completo aquí.