O sábado 10 de novembro a escritora María Reimóndez participará nas II Xornadas de Literatura e Ensino que organiza a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Museo Pedagóxico de Galicia. Escribir e ler na escola de hoxe para a cidadanía de mañá é o lema das xornadas. 
 
Reimóndez intervirá, xunto con Fina Casalderrey e Francisco Castro, na mesa redonda titulada Xoga a literatura infanto-xuvenil na 1ª ou na 2ª división? que terá lugar ás 12.15 horas. 
 
No ámbito da literatura infantil María Reimóndez é autora de Usha (Xerais 2006), novela xuvenil finalista do premio Merlín 2005, Lía e as zapatillas de deporte (Xerais 2008) e O monstro das palabras (Xerais 2009). Tamén ten publicados seis libros infantís sobre as comarcas galegas na Editorial Everest. Reimóndez ten ademais unha longa carreira como tradutora de literatura infantil con máis de doce títulos traducidos. 
 
As II Xornadas de Literatura e Ensino, que organiza a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, celebraranse os días 9 e 10 de novembro. O programa completo pódese descargar aquí.