O venres 23 de setembro, ás 11:00h, terá lugar na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo a celebración do Día Internacional da Tradución 2016, cun acto que renderá homenaxe aos 25 cursos da titulación de T&I en Galicia (1992-1993/2016-2017).

María Reimóndez participará como antiga alumna e tradutora, xunto a Eva Almazán e Rosa Camiña e  tamén se contará coa presenza de Ana Hermida, presidenta da AGPTI (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación).

cuvi