Bologna

A Universidade de Boloña convidou a María Reimóndez a participar no seu congreso Spagna plurale III: pluralità, diversità e visibilità di genere. O xoves día 3 de marzo ás 17:30h. terá lugar un encontro coa escritora que será presentada por María Pardo da Universidade de Padua.

Con motivo desta visita, a Universidade de Padua convídaa a impartir unha conferencia co título Centros e periferias na tradución e interpretación: os enfoques feministas e poscoloniais, que terá lugar o día 4 de marzo ás 14:30h.