O mércores 6 de xullo, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Sarria, a autora conversará xunto con Eva Mejuto sobre Lesbianas, bisexuais e outras mulleres ”raras” na literatura, facendo un percorrido polas personaxes LGTBI das súas novelas e unha lectura dos fragmentos máis significativos.

“Sarria, de todas as cores” é o primeiro programa que acolle o concello de Sarria para visibilizar a diversidade sexual e celebrar o orgullo LGTBI.

Ao remate do acto, actuará o grupo Canela Cafuné interpretando varios temas musicais referenciados en “A música dos elementos”.

sarria