Onte o programa ZigZag Diario entrevistou a María Reimóndez arredor da novela En vías de extinción. A partir do minuto 19.44 podedes ver as declaracións da autora que asegura que a novela é “un libro moi rebelde” debido ao perfil da protagonista. María Reimóndez tamén fai fincapé en que En vías de extinción reflicte “a diversidade en sentido moi amplo”: a procedencia, a clase social, a orientación social, o medio natural…