A escritora viaLEuL-India-2017xará durante o mes de xaneiro e a primeira semana de febreiro a distintas cidades da India da man da plataforma Literature Across Frontiers para asistir a tres festivais literarios que terán lugar en Chennai, Hyderabad e Kerala.

A autora ten unha longa relación coa India e en concreto co estado de Tamil Nadu gracias a súa labor na ONG Implicadas no desenvolvemento e a traducción ao galego de obras das escritoras indias Salma, Kutti Revathi, Malathi Maitri, Sukirtharani e Thamizhachi.

Máis información: http://www.lit-across-frontiers.org/

The Hindu Lit for Life Festival

Do 14 ao 16 de xaneiro celébrase en Chennai The Hindu Lit for Life Festival, un amplo festival literario que conta con charlas, debates e lecturas dentro do seu programa. María Reimóndez participará no debate “Word: an empowering tool” xunto coa poeta india Sukirtharani e estará moderado pola avogada Suseela Anand.

Lugar: The Hindu Lit for Life Festival . The Hindu Pavilion. Chennai, Tamil Nadu (India)
Data: Sábado 14 de xaneiro ás 17:15 horas
Máis información: http://www.thehindulfl.com/

15626059_1371743919560142_5377516323482154156_o