Este venres comeza o segundo festival literario ao que a escritora asistirá dentro da súa estancia na India durante os meses de xaneiro e febreiro.

O Hyderabad Literary Festival é un festival creativo e multilingüe que conta dentro da súa programación con charlas, obradoiros, actuacións musicais ou proxeccións audiovisuais.

María Reimóndez participará no festival a través das súas sesións literarias. O venres 27 formará parte do debate “Readings (poetry in indigenous and minoriry languages) xunto coas escritoras indíxenas Florenda Pedro ( Dumay Solinggay) e Cecilia Artates, o escritor e profesor filipino Victor Sugbo e a escritora australiana Jeanine Leane. O sábado 28, María participará xunto coa editora, traductora e escritora Subashree Krishnaswamy na charla ”The Tamil story”.

Lembremos que María Reimóndez ten unha longa relación coa India e en concreto co estado de Tamil Nadu debido á súa labor na ONG Implicadas no desenvolvemento e a traducción ao galego de obras das escritoras indias Salma, Kutti Revathi, Malathi Maitri, Sukirtharani e Thamizhachi.

A participación da autora nestes festivais literarios que se celebran en distintas cidades da India é posible grazas á plataforma Literature Across Frontiers (http://www.lit-across-frontiers.org/). O próximo festival terá lugar en Kerala.

15871795_1204888946262357_3616612157897858343_n
Lugar: Hyderabad Literary Festival SBH Environs. Hyderabad (India)

Data: Venres 27 de xaneiro 15:00 /15:50 Sábado 28 de xaneiro 11:00/11:50

Máis información: http://www.hydlitfest.org/