15094957_10154736255884784_1356729981724532554_n-1O sábado 26 de novembro o grupo Experiencias Feministas celebra no Mercado de San Agostiño da Coruña a primeira edición do “Programa Laborando. Feira de proxectos de vida feministas”, que contará con máis de 60 expositoras e máis dunha decena de obradoiros de balde e que está chamada a ser a maior feira de proxectos de perspectiva feminista, de igualdade de xénero e contra as violencias machistas da Galiza.

O programa será continuo das 11 ás 22 horas e contará con exposicións, obradoiros, actuacións musicais, así como un espazo literario dentro do cal terá lugar ás 18:30 horas a sinatura de firmas por parte da escritora María Reimóndez.

Máis información: https://experienciasfeministas.wordpress.com/2016/11/18/programa-laborando-feira-de-proxectos-de-vida-feministas/