A escritora María Reimóndez estará o vindeiro luns, 29 de abril, na Libraría Andel (Rúa Pintor Lugrís, 10. Vigo) para firmar exemplares dos seus libros. O evento terá lugar as 19.30 horas.

Tamén fará entrega dos libros PirataUsha club da calceta á gañadora do sorteo (Busca unha árbore dentro da libraría!) organizado en catro librarías galegas (Trama, Vento do Sul-Torga, Pedreira e Andel). A gañadora do sorteo, Melisa Gonda, deixou dúas fotos de cans na árbore que tivo exposta a libraría Andel durante o mes de marzo.