A música e a literatura danse a man este venres, 10 de xuño, na libraría Lila de Lilith, cunha lectura moi especial da novela de María Reimóndez “A música dos seres vivos”. A escritora e a artista Mercedes Peón farán unha intervención musical ao redor da novela no espazo de sonoridade da libraría compostelá, na rúa Travesa número 7, ás 20:00 horas.