cafeconlibros

O luns 24 de outubro, Día das Bibliotecas, os clubes de lectura da Biblioteca dos Rosales “Café con libros” reuniran- se coa escritora, activista e tradutora María Reimóndez para facer un percorrido por toda a súa obra, conversando tanto sobre as súas novelas, como sobre os seus libros de poesía e ensaio, así como sobre a súa faceta adicada á literatura infantil e xuvenil.

O acto terá lugar de 18:30 a 20:00 horas na Biblioteca Municipal dos Rosales na Coruña.

Máis información: brosales@coruna.es