obras_maria_reimondez

O vindeiro luns, 15 de febreiro, María Reimóndez participará nun encontro co alumnado do IES Aquis Querquernis de Bande (Ourense).

Cada ano, este centro traballa a obra dun autor/a. Neste curso María Reimóndez é a elixida.
Obras como O monstro das palabras, Usha e Volvo. O regreso de Usha serán as protagonistas deste encontro entre o alumnado máis novo. Mentres que as/os alumnas/os de cursos superiores falarán sobre O club da calceta e Dende o conflito.