O crítico Ramón Nicolás publicou o sábado 14 de xullo no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia, unha recensión crítica sobre a nova novela de María Reimóndez, En vías de extinción:
 

A novela, e non só por esa cuberta na que se incorpora unha árbore en parte grafitada nun muro e noutra como é natural de ver, amosa esa dualidade pola que transita a protagonista, a cabalo de desexos truncados ou talvez acadados, entre as súas raíces, rurais e omnipresentes porque ao tempo tamén a definen, e a súa vida cotiá desenvolta en distintos ámbitos profesionais e vitais”.

                                                                                             Ramón Nicolás 

 

Podes ler a recensión completa na sección de Críticas Literarias e no blog de Caderno da crítica de Ramón Nicolás.