A última novela da escritora luguesa María Reimóndez chega á súa segunda edición antes de cumprir un ano no mercado. A obra, publicada en xullo de 2012, é unha das máis vendidas nos últimos meses como recolleu varias veces o xornal Faro de Vigo, o Taboleiro do libro galego que publica o crítico literario Ramón Nicolás no blog Caderno da crítica e a revista Biblos.


A obra tamén tivo unha gran acollida por parte da crítica:

En vías de extinción merece ser valorada pola frescura, modernidade, rebeldía e heterodoxia que atesoura.” Ramón Nicolás. (La Voz de Galicia)
“Velaquí a contemporaneidade da literatura galega: vizosa, ampla, cosmopolita, internacional sabendo ser nacional.” Xosé Carlos Caneiro. (La Voz de Galicia)
En vías de extinción representa unha aposta moi orixinal no panorama actual da narrativa galega.” Mario Regueira. (Sermos Galiza)