24 de febreiro, celebramos! Celebramos a Rosalía de Castro, luz na escuridade e figura sen par das nosas letras. Non polo coñecido, se cadra, senón por combinar na súa persoa tan diversas estremas: o nación, a crítica de clase e de xénero. De Castro é unha autora á que cómpre volver sempre e fuxir das lecturas que como mortallas se apuxeron ao seu corpo, a eses denominativos de “santiña” ou “mai da patria”. Porque ela racha con todos eles en cada palabra. Por iso hoxe eu persoalmente a celebro porque me emociona ser herdeira da súa lingua e tamén dos seus traballos. Porque cada vez que a lemos a traemos á vida novamente, á nosa, que tanta falta nos fai o seu espírito sensible e intelixente. Por iso hoxe hai lecturas nunha morea de cidades e vilas e a AELG promove este día animando á cidadanía a que merque un libro e unha flor. No meu facebook e twitter podedes participar no pequeno xogo de adiviñar que poema de de Castro lerei esta tarde no Marco e gañar un libro  . Animádevos e fagamos deste día un día especial!