CANDO O MATERIAL É TECIDO (OU XÉNERO)

Intervención no II Encontro Internacional Letras na Raia organizado pola AELG o día 14 de outubro de 2006.

Mesa Redonda titulada. “O poeta ten dereito a pór as mans en calquera material que ache necesario para o seu traballo”.

Este texto debate a visión masculina da autoría poética, as imaxes que dende sempre se utilizaron “do” poeta para sementar unha nova imaxe da posición complexa que as mulleres temos no uso da palabra pública e nas estratexias subversivas que fan que o noso material poético sexa un tecido consciente do xénero. O artigo pon en dúbida tamén a valoración tradicional do que se considera material poético e como as poetas foron capaces de abrir un espectro de materiais moito máis amplo pero non sempre facilmente aceptado polo sistema literario.

>> Vídeo 1.

>> Vídeo 2.