María Reimóndez estará na Feira do Libro Umbria Libri, en Peruglia (Italia) para participar nunha mesa redonda con outras autoras traducidas ao italiano. Se falas esta lingua ou estás no país, achégate. O seu libro O Club da Calceta foi traducido ao italiano. A súa última novela Pirata está tamén en fase de tradución a esta lingua. Un público novo e aberto!