O 16 de marzo de 2012 María Reimóndez impartiu en Leipzig (Alemaña) unha conferencia sobre a tradución no contexto sociolingüístico de Galicia. Foi a actividade final do curso intensivo de galego inicial que se impartiu nesas datas no Centro de Estudos Galegos da Universidade de Leipzig. O video recolle distintos momentos do acto.