O Centro de Estudos Galegos, unidade de investigación da FCSH/NOVA, organiza a palestra “A subalterna que sim podia falar”, da escritora e activista María Reimóndez. Terá lugar o 15 de maio, às 16 h. na sala 0.09 (Edifício B1) da Faculdade de Ciências Socias e Humanas da Universidade Nova de Lisboa. María Reimóndez abordará as implicacións de esccribir en lingua galega desde un punto de vista feminista e non heterosexual, así como as tensións e hexemonías que condicionan a súa escrita na cultura galega contemporánea.