Esta fin de semana se celebra en Kerala o último festival ao que vai a acudir María Reimóndez durante esta estancia na India .

O Kerala Literature Festival, que se celebra do 2 ao 5 de febreiro, é un evento no que se contemplan diversas tendencias e movementos da literatura contemporánea, dándolle cabida a todos os seus xéneros e a súa relación con outras artes coma o teatro, o cine ou as artes plásticas.

Captura de pantalla 2017-01-31 a las 11.17.58A escritora participará o sábado 4 na charla “Reading Europe” xunto con Alexandra Butcher (directora de Literature Across Frontiers), Nia Davies (poeta inglesa), David López del Amo (director da axencia literaria Sinicus), Bruno Viera Amaral (escritor portugués) e Vinutha Mallya (directora da asesoría publicitaria LineSpace Consulting)

Lembremos que María Reimóndez ten unha longa relación coa India e en concreto co estado de Tamil Nadu debido á súa labor na ONG Implicadas no desenvolvemento e a traducción ao galego de obras das escritoras indias Salma, Kutti Revathi, Malathi Maitri, Sukirtharani e Thamizhachi.

A participación da autora nestes festivais literarios celebrados en distintas cidades da India é posible grazas á plataforma Literature Across Frontiers (http://www.lit-across-frontiers.org/).

Lugar: Kerala Literature Festival, DC Kizhakemuri Foundation, Good Shepherd Street, Kottayam–686001, Kerala, India

Data: Sábado 4 de febreiro 18:30 /19:30

Máis información: http://www.keralaliteraturefestival.com/

kerala