O Brevario de Ramón Nicolás para o número 75 da revista Biblos, Clube de Lectura recomenda a nova novela de María Reimóndez, “A música dos seres vivos”, como unha das “10 lecturas para o verán”. “Velaquí un paso máis na construción deste macroproxecto narrativo que a autora lucense organiza baixo o epígrafe de “O ciclo dos elementos”: unha intensa proposta na que o deseño da biografía de MK resulta operativo para revelar a existencia doutras realidades que tamén están neste mundo”, di Ramón Nicolás.