María Reimóndez achégase o vindeiro venres, 30 de outubro, ata a súa cidade natal para presentar a súa última novela “A música dos seres vivos”. O acto será na Librería Trama (Avenida da Coruña, 21) ás 19.00 horas, organizado pola propia librería e Edición Xerais.

Xunto coa autora estarán o tamén escritor e subdirector de Edicións Xerais Fran Alonso e a artista Mercedes Peón, que fará unha colaboración musical durante a presentación do libro.