Aínda non coñeces a campaña 1 de 200 de Implicadas no Desenvolvemento? O seu obxectivo é moi sinxelo: sumar 200 novas socias e socios á organización para apoiar o traballo que se fai de erradicación do infanticidio feminino en Salem, no Sur da India. Neste distrito do Estado de Támil Nadu, de cada mil nenos que nacen, faltan 200 nenas, que son asasinadas polo mero feito de seren nenas. Implicadas entende esta práctica como unha forma extrema de violencia de xénero, a mesma violencia de xénero que cada ano mata a decenas de mulleres no noso país. Ser socia/o son só 12 euros ao mes. 40 céntimos ao día. Nin medio café. ASÓCIATE!