Aquí vos deixo un poema de Moda Galega Reoladed, o poemario que revisa Moda Galega 10 anos despois e que agardo que poidades ler neste 2012! Feliz día da poesía e arriba todas as poetas!
Unha pensaría que en dez anos
a cousa ía mellorar algo
mais esperta co aumento do capitalismo
a anestesia social
o recorte das posibilidades
a televisión idiotizadora
a falta de personalidade colectiva
e uns ideais de muller
cada vez máis raquíticos
onde ter as tetas pequenas
provoca traumas psicolóxicos
da dimensión dun ataque terrorista
e onde unha ten basicamente para escoller
entre belén estéban
maría dolores de cospedal
e lady gaga.