A música dos seres vivos - page 2

XG00215701A música dos seres vivos é unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas. Mais precisamente das súas fendas nace a forza coa que enfrontar o mundo.

Todo o mundo semella coñecer a MK, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo, a voz prodixiosa, e a súa excéntrica moza, Gaia. Mais, quen é MK? Que acontece antes de saír ao escenario? Que é o que fica cando as luces esmorecen? Cando remata a última xira? No intre en que pechan os micros das roldas de prensa? Se cadra o silencio é preciso para o reencontro cunha mesma. Se cadra nin a propia música ten sentido sen os espazos dos que non escapa ningún son. É neses hiatos onde MK remexe na súa cerna fanada e recuperada, na ruptura da infancia no Támil Nadu rural, impulsada polos movementos migratorios impostos a unha metrópole que a esnaquizou e a refixo de novo. Entre os sons escachados das ondas rotas, MK compón e conduce os seus pasos cara ao lugar onde o grallar do corvo se transforma na música dos seres vivos.

Despois de En vías de extinción, A música dos seres vivos abre o «Ciclo dos elementos», ao que tamén pertence a novela gañadora do Premio Xerais 2014, Dende o conflito, un universo de novelas no que as personaxes aparecidas nas marxes dun relato atopan a centralidade noutro. Neste caso é MK, personaxe secundaria de En vías de extinción, quen deixa soar a súa historia en cada corte do álbum que marca a súa vida. Este ciclo, pensado como un complexo todo que seguirá avanzando en futuras novelas, permitirá acceder a visións cruzadas e compartidas de feitos e persoas que se entretecen. A música dos seres vivos é unha historia de fragmentos que doen ata comprender que hai cousas que fican para sempre rotas, que non poden nin deben repararse ao seu estado anterior. Mais precisamente das súas fendas nace a forza coa que enfrontar o mundo.

 

María Reimóndez: «N’A música dos seres vivos os corvos son a identidade convulsa de MK. Representan un símbolo que non pode traducirse»

María Reimóndez: «N’A música dos seres vivos os corvos son a identidade convulsa de MK. Representan un símbolo que non pode traducirse»

O 20 de agosto de 2015, Sermos Galiza publicou un novo artigo de María Reimóndez sobre Támil Nadu. Afondando sobre o lugar no que medrou MK, a protagonista de “A música dos seres vivos”, a escritora explicou en esta ocasión a importancia que teñen os corvos na cultura de…

Continue reading →

María Reimóndez fala no Sermos das casas e as aldeas de Támil Nadu

María Reimóndez fala no Sermos das casas e as aldeas de Támil Nadu

Sermos Galiza publicou o 1 de agosto de 2015 o segundo artigo da sección na que María Reimondez responde ás preguntas que as/os lectoras lle queiran facer sobre Támil Nadu. Aproveitando a súa estancia na India, a escritora afondará sobre o lugar no que medrou MK, a protagonista de “A música…

Continue reading →

María Reimóndez: «Se cadra o obxectivo na vida non pode ser volver os anacos a súa forma orixinal senón recompoñerse, reinventarse. Sobrevivir»

María Reimóndez: «Se cadra o obxectivo na vida non pode ser volver os anacos a súa forma orixinal senón recompoñerse, reinventarse. Sobrevivir»

Sermos Galiza publicou o primeiro artigo sobre Támil Nadu dunha sección na que María Reimondez contestará as preguntas que as/os lectoras lle fagan sobre esa parte da India na que medrou MK, a protagonista de “A música dos seres vivos”.   Anacos 1: Pongal Aadi é o…

Continue reading →

Descubre as bambolinas de “A música dos seres vivos” e coñece Támil Nadu con María Reimóndez

Descubre as bambolinas de “A música dos seres vivos” e coñece Támil Nadu con María Reimóndez

“A música dos seres vivos”, a última novela de María Reimóndez, está composta dos fragmentos que dan forma e identidade á súa protagonista, MK. Antes de ser unha cantante de éxito, MK foi Manimekalai, a nena que creceu no Támil Nadu rural que agora ti…

Continue reading →

“A música dos seres vivos” entre as “10 lecturas para o verán” que recomendan en Biblos

“A música dos seres vivos” entre as “10 lecturas para o verán” que recomendan en Biblos

O Brevario de Ramón Nicolás para o número 75 da revista Biblos, Clube de Lectura recomenda a nova novela de María Reimóndez, “A música dos seres vivos”, como unha das “10 lecturas para o verán”. “Velaquí un paso máis na construción deste macroproxecto narrativo que…

Continue reading →

Camiña ou alenta con vida propia: «A música dos seres vivos», María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

Camiña ou alenta con vida propia: «A música dos seres vivos», María Reimóndez. Crítica de Ramón Nicolás

Ramón Nicolás publicou una recensión crítica no seu blogue Caderno da crítica sobre A música dos seres vivos, a última novela de María Reimóndez. A recensión pode lerse neste enlace.

Continue reading →

Sorteo: Quen é MK? Descubre máis detalles sobre a protagonista da última novela de María Reimóndez e gaña un exemplar asinado

Sorteo: Quen é MK? Descubre máis detalles sobre a protagonista da última novela de María Reimóndez e gaña un exemplar asinado

Quen é MK, a protagonista de “A música dos seres vivos”? Todo o mundo semella coñecela, a cantante de moda cunha carreira xa prolongada no tempo mais… que hai detrás do público? Que hai tamén antes da novela? Para quen seguides as novelas de Reimóndez,…

Continue reading →

Coidadísima estrutura: “A música dos seres vivos”, María Reimóndez. Crítica de Manuel Bragado.

Coidadísima estrutura: “A música dos seres vivos”, María Reimóndez. Crítica de Manuel Bragado.

Recensión crítica sobre A música dos seres vivos, a última novela de María Reimóndez, no blogue Brétemas de Manuel Bragado. A recensión pode lerse neste enlace. Onte 1363: «Ciclo dos elementos» de María Reimóndez Pasei a fin de semana lendo A música dos seres vivos, a novela máis recente de María…

Continue reading →

“A música dos seres vivos” recomendada por Osquelemos para ler este verán

“A música dos seres vivos” recomendada por Osquelemos para ler este verán

O blogue Osquelemos, da biblioteca do CPI de Ribeira, recomenda “A música dos seres vivos”, o último libro de María Reimóndez, como lectura para este verán. Podes ver a recomendación neste enlace.

Continue reading →

Page 2 of 2 1 2