O club de lectura Lendo lendas publicou unha reseña sobre En vías de extinción en Pega no livro despois de celebrar un encontro coa autora, María Reimóndez.

A continuación reprodúcese o texto:

A obra xira en torno a 4 eixes:

- a Natureza, ou o que é o mesmo no caso que nos ocupa , A ECOLOXÍA
- a Lingua do país

 

- o mundo Feminino, COMO POSICIONAMENTO E COMO SENTIMENTO

 

- o Nacionalismo

 

E envolvéndoo todo , O AMOR : un amor envolvente no que se mestura o profundo dos sentimentos cara á nai, ós achegados ,ós animais, á terra.

 

Coa Terra hai unha identificación total ata o punto de a protagonista adoptar o nome de GAIA remprazando o de Mariña.

 

A LIBERDADE é tamén unha constante: a nai faille sentir desde pequena que ninguén é dono de ninguén. Liberdade tamén para os animais: as vacas teñen que estar ceibas;

 

se non o están , ela mesma lles abre as cancelas. En liberdade tamén cabras , ovellas , becerros , cans:

 

O can mesmo chega a adoptar certas características humanas: Risco chámase así polo nome do escritor e o seu comportamento suple en moitas ocasións a compañía da persoa ausente.

 

Con respecto ó amor cara ós animais do que falaba antes , hai que lembrar cando Mariña salva un can dunha morte segura por parte do amo, o episodio dos xabarís, a maneira de alimentar ós becerriños con cousas da casa e da horta: patacas, fariña, verdura , e o leite da vaca. Sentimento de profundo respecto por estes seres formando parte da terra , os domésticos si , pero tamén os salvaxes.

 

Roxo e Risco son uns personaxes máis da novela , á mesma altura que calquera ser humano. Non comprende tampouco o sentimento de autoridade entre seres humanos , igual que a nai , cando non acepta a presenza de ningún médico na súa doenza.

 

En canto ó Galego posiciónase claramente , mesmo chegando ó esaxero: “o 98% en Galiza , fálao e o que non o fai , son animais”: Critica o castrapo, sábelle mal cando en Madrid lle din “galleguiña” polo acento: ” TU PUTA MADRE”

 

O amor pola natureza lévaa a plantar castiñeiros , mesmo ás agachadas: Amor fondo ó recuncho da montaña luguesa que a veu nacer: Gusta dos espazos naturais: A Madroa, as Cíes , o monte onde se ubica o CUVI. Ese amor lévaa a ir durmir unha noite ó monte da súa aldea co can , para detectar os pirómanos.

 

Tan fonda é a comuñón coa terra que a leva a enterrar a súa nai coma un elemento máis da natureza , do entorno, na eira onde sempre vivira: é un sentimento compartido tamén con ela , o mesmo que anticlericalismo, a soidade buscada , o mimetismo co monte , co toxo , cos carballos. ” Todo está ó servizo da terra: os nosos corpos”.

 

Desde nena experimenta un profundo sentimento feminista: non admite o rol de nena submisa e non quere nin permite que os nenos a dominen na escola , nin pola forza: sempre preferiu a compañía das mulleres e das persoas máis vellas.

 

Ten un sentido panteísta do mundo, un sentimento do sagrado que hai na natureza, , un cosmopolitismo que a leva a amar por enriba de todo o galego sen desprezar por iso o inglés de Escocia, un amar Galicia e desde aí , toda a terra.

 

Déixanos ver o aquí e o agora do relato con nomes de lugares e coordenadas temporais ( 1975 , ano do seu nacemento) que non deixan dúbida á época e ó lugar : fala do Youtube, do apalpador ” invento do Bloque para revivir a pederastia”, da Nacional VI, da autovía “fenda irreparable na montaña”, a lingua é da zona oriental de Galicia -ois, mao, cheguén, mai,tu, camín , furén, estón, paxarín, dirén, ben sen.

 

Critica como o FORO DA FAMILIA ve as relacións homosexuais , sobre todo as femininas.

 

Nomea o Dicionario Xerais, o xornal EL PAÍS, a TVG, a CdC, , Nucha e Mucha, o FARO DE VIGO, GB, Toralla, Samil, SKYPE, as becas ERASMUS, Cangas, Ons , Bueu, Santiago, o chapapote do PRESTIGE, Baiona, TWITER, FACEBOOK, Uxía e os Cantos da Maré,

 

– A estrutura: xeito de narrar moderno , con saltos no tempo, cara atrás que nos obrigan a un esforzo por situar tempos, cousas, persoas.

 

Novidoso o das VETAS, CERNAS, PRADAIROS, CASTIÑEIROS, ACIVROS, CARBALLOS, UCES.

 

Poesías de Rosalía e de poetas anglófonos. Coincidencia de datas, 17 de Maio entre o DÍA DAS LETRAS e o nacemento de Mariña

 

Narrativa ben enxergada, prosa fortemente ideoloxizada, que pode mesmo chegar a ser incendiaria e mesmo claramente panfletaria en momentos moi puntuais.

 

Lectura amena e enriquecedora.

 

Recomendable sen dúbida para os que amamos todos ou a maioría dos eixes enriba citados aínda que “non apta” precisamente para os que están no punto de mira das súas setas críticas, dereitas a dar leña.