O mércores 9 de novembro, ás 18:30 horas, a escritora e fundadora da ONG Implicadas no desenvolvemento ofrecerá a conferencia “Literatura creativa e compromiso social” dentro do foro de reflexión e debate “Ler o mundo hoxe…en clave de cidadanía e participación social”, unha das catro liñas de investigación que se engloba dentro do Foro “Ler o mundo hoxe…no diálogo Universidade – Sociedade” e que a Universidade de Santiago de Compostela ofrece desde setembro ata o mes de decembro.

Este foro de reflexión pretende fomentar as prácticas lectoras no seo da comunidade universitaria e da sociedade en xeral e posibilitar miradas e interpretacións plurais sobre as realidades socioambientais no local – global.

A conferencia da escritora terá lugar no salón de actos da Facultade de Ciencias da Educación, no Campus Sur.

Máis información: http://www.usc.es/gl/investigacion/grupos/sepa_interea/modules/news/news_0017.html

leruniversidade-sociedade_cidadaniaparticipacionsocial_2016-10-20_impresioncartaz_ler_o_mundo_hoxe_xeral