Se estades pensando en mercar libros este Nadal non deixedes de botarlle un ollo á última novela de María Reimóndez. Segundo o crítico literario Ramón Nicolás “En vías de extinción merece ser valorada pola frescura, modernidade, rebeldía e heterodoxia que atesoura.”
Ademais, escritora María Reimóndez estará a disposición das/os lectoras/es en Vigo e Santiago para firmar exemplares:
-Encontro-coloquio con lectoras/es en Vigo.
Lugar: Café de Catro a Catro (Rúa Gerona, 16)
Data: xoves 20 de decembro de 2012. Hora: Ás 20 horas.
María Reimóndez, acompañada por Elisabet Pérez Costas e Raquel Cordeiro Ferreira, da Asociación Nós Mesmas, compartirá coas lectoras/es as súas impresións sobre a novela e firmará exemplares.
-Firma de exemplares na Libraría Couceiro en Compostela.
Lugar: Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6)
Data: xoves 27 de decembro de 2012. Hora: De 18 a 20 horas.
María Reimóndez asinará exemplares de En vías de extinción na Libaría Couceiro en Compostela.
Este Nadal agasalla En vías de extinción, “unha aposta moi orixinal no panorama actual da narrativa galega”, segundo o crítico Mario Regueira.