O víndeiro 17 de maio (Día das Letras Galegas) é o aniversario de Gaia Dobao Pombo, protagonista da novela En vías de extinción. Con motivo desta data presentamos un vídeo realizado polas Candongas do Quirombo sobre a última novela de María Reimóndez. 

Ademáis convídase ás lectoras/es a participar nun sorteo de creación de vídeos sobre contidos da obra. A persoa gañadora obterá un premio sorpresa… 

¿Atréveste a facer un vídeo sobre En vías de extinción? Máis información nas bases do sorteo. 

BASES DO SORTEO 

Obxecto do sorteo: Creación de vídeos sobre a novela ‘En vías de extinción’ (Xerais, 2012), de María Reimóndez. 

1. Organizadora do sorteo: 
A escritora María Reimóndez (NIF 33.325.605-P). 

2. Ámbito temporal do sorteo: 
O periodo de participación no sorteo será dende o 15 de maio ata o 15 de xullo de 2013. 

3. Participantes do sorteo: 
Poderán participar todas as persoas que queiran. 

4. Premio: 
O premio será unha sorpresa que se anunciará antes de que remate o prazo de entrega dos vídeos, o 15 de xullo. 

O premio do presente sorteo en ningún caso poderá ser obxeto de cambio, alteración, compensación a petición do/a gañador/a ou cesión a terceiros. 

5. Mecanismo do concurso: 
As/os participantes deberán seguir os pasos establecidos nestas bases: Para participar as persoas interesadas só terán que subir un vídeo de un máximo de un minuto a unha plataforma de distribución de vídeo (Youtube ou Vimeo) abordando algunha temática da novela ‘En vías de extinción’. 

As persoas interesadas en participar no sorteo deberán enviar un correo electrónico a mariareimondez@gmail.com co asunto “PARTICIPACIÓN NO SORTEO EN VÍAS DE EXTINCIÓN”. No corpo do correo electrónico deberán incluir o enlace ao vídeo (en Youtube ou Vimeo) e os seus datos de contacto: Nome, apelidos, correo electrónico e teléfono. 

A única condición que se debe cumprir para participar é o formato do vídeo, que debe estar formado polo título e despois dun guión, o título da novela para identificalo como participante neste sorteo: 

Exemplo: 
Título do vídeo – En vías de extinción 

Os vídeos participantes e aceptados serán publicados nas redes sociais para que o público coñeza o traballo feito polas/os participantes. 

O anuncio da/o gañadora farase público o día 15 de agosto na páxina web www.enviasdextincion.net

O vídeo gañador participará nos eventos e actividades de promoción da obra ‘En vías de extinción’. Publicarase na web www.enviasdextincion.net e nas seguintes redes sociais: 

Twitter: @viasdeextincion; @reimondez 

6. Comunicación da/o gañadora
O resultado do sorteo notificarase á/ó participante gañador/a mediante o envío dunha mensaxe por correo electrónico. As/os participantes deberán enviar a mariareimondez@gmail.com os seus datos de contacto: Nome, apelidos, correo electrónico e teléfono, xunto ao enlace do vídeo (en Youtube ou Vimeo). 

A/o gañador/a deberá confirmar a aceptación do premio antes do 31 de agosto (ata as 15 horas). 

No suposto de que a/o gañadora non acepte o premio, non o recolla ou non cumpra co establecido nas presentes bases, o premio quedará deserto. 

7. Reservas e limitacións: 
Os datos deberán ser facilitados pola/o participante de forma veraz. Calquera comunicación falsa de datos persoais dará dereito á organizadora do sorteo a descalificar á gañador/a para participar e poder dispoñer do correspondente premio. A organizadora queda eximida de calquera responsabilidade no suposto de existir algún erro na captura ou trascripción dos datos facilitados pola/os propias/os participantes que poidan impedir a súa identificación. A organizadora poderá solicitar á premiada/o identificación mediante fotocopia de DNI ou outra documentación válida para verificar a súa identidade. 

A organizadora resérvase o dereito a descalificar calquera vídeo que non cumpra os seguintes requisitos. Vostede afirma e garantiza, con respecto a cada vídeo que envíe, que estes non mostran o seguinte: contigo ameazante, falso, mal interpretable, abusivo, difamatorio, obsceno e/ou escandaloso, non violan os dereitos das persoas á privacidade ou á publicidade, non inclúen marcas comerciais de terceiros, e non infrinxen dereitos de autoría da imaxe. 

8. Protección de datos: 
Os datos persoais que vostede facilite para participar no sorteo usaranse exclusivamente coa finalidade de: poder realizar o desenvolvemento e xestión do sorteo, xestión da entrega do premio e para calquera outra finalidade prevista nas presentes bases. 

9. Aceptación e publicación das bases: 
A participación no sorteo supón a aceptación das presentes bases.