Grazas a Patricia Varela chegou estes días a min este fantástico vídeo no que alumnas do CEIP O Cruce debaten sobre o Club da calceta. Precisamente para falar deste tipo de espazos escribín no seu día ese libro, non hai satisfacción maior que seguilo vendo vivo. Ao resto da miña obra só podo desexarlle a mesma sorte, a de estar viva nas bocas e nas mentes das lectoras e lectores. Grazas a todas as persoas que traballades por formar, animar e participar en clubs de lectura!